A Aula CeMIT de Valga, emprazada no Auditorio Municipal, acolleu este xoves 17 de agosto unha sesión práctica de experimentación tecnolóxica Ligazón externa na que participaron unha decena de nenos e nenas do termo municipal con idades comprendidas entre os 8 e os 11 anos de idade.
O concelleiro de Facenda e Novas Tecnoloxías de Narón, Román Romero, anunciou este luns 21 de agosto a apertura do prazo de inscrición para dous cursos tecnolóxicos que se impartirán na Aula CeMIT de Xuvia Ligazón externa.
Esta mañá deu inicio o Curso superior de Administración electrónica, unha actividade deseñada para reforzar a formación en competencias dixitais do persoal empregado público galego.