STG

Entidade de acción voluntaria

Son entidades do terceiro sector e de acción voluntaria que participan de forma directa na execución de actividades en colaboración con persoas voluntarias adheridas ao Programa Voluntariado Dixital.

O único requisito que deben cumprir é estar inscritas no Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia, o que as cualifica para colaborar con voluntarios/as no desenvolvemento das súas actuacións, así como para a tramitación dos correspondentes Certificados de Experiencias Voluntarias.

Rexistra a túa entidade

 

Como participar

Unha vez rexistrada a túa entidade como Entidade de Acción Voluntaria, só terás que acceder iniciando sesión co teu usuario e contrasinal e xa poderás solicitar un apoio dixital.  

Beneficios

  • Tomar contacto con mundo da tecnoloxía
  • Actualizar as súas capacidades, xa que tanto a organización como os seus beneficiarios poden solicitar apoios dixitais
  • Beneficiarse dos recursos que o Programa de Voluntariado Dixital dedica á captación de persoas voluntarias e á súa posterior formación e seguimento
  • Beneficiarse de equipamento tecnolóxico cedido por outros colaboradores cuxa doazón se xestiona no marco do programa
  • Difundir o seu labor e intercambiar boas prácticas a través de redes distintas, usando os mecanismos de comunicación do programa de Voluntariado Dixital
  • Vincular a imaxe da organización ao Programa de Voluntariado Dixital aparecendo como entidade adherida en determinados materiais de difusión do proxecto
  • Estar ao día de forma periódica sobre as actividades que se organizan no marco do proxecto