A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia promove as vocacións e talento femininos no Día Internacional das rapazas nas TIC
- A Rede CeMIT e o Centro GaiásTech celebran unha xornada lúdica formativa destinada ao alumnado de entre 8 e 14 anos
- Esta iniciativa persegue impulsar o talento tecnolóxico entre as mulleres, que actualmente representan o 34 % das persoas matriculadas en titulacións tecnolóxicas, a pesar de ser máis do 55% do total do alumnado das universidades
- Aumenta nun 5,5% o total de mulleres empregadas no sector TIC, ata o 32,9%