STG

Voluntario/a dixital

Quen participa no voluntariado dixital é un internauta capaz de axudar, cos seus coñecementos, entusiasmo e solidariedade, á alfabetización dixital, en especial, a colectivos nos que a fenda dixital se fai máis evidente, sen recibir compensación económica a cambio.

Rexístrate como voluntario

 

Cal é o seu labor?

  • Complementar as accións de alfabetización dixital desenvolvidas polos diferentes axentes que conforman a rede na nosa comunidade
  • Chegar aos sectores que descoñecen os beneficios da tecnoloxía, ensinarlles as oportunidades que lles ofrece esta forma de comunicación e contribuír así a mellorar a súa calidade de vida
  • Detectar as necesidades das persoas participantes e traducilas en posibilidades
  • Compartir os seus coñecementos tecnolóxicos coas persoas usuarias do proxecto

Cal é o seu perfil?

  • Coñecementos técnicos medios en informática
  • Habilidades sociais, de mobilización e transmisión de coñecemento e información
  • Gañas de compartir o seu tempo e os seus coñecementos
  • Persoas maiores de 18 anos

Como poden facer os labores de voluntariado dixital?

  • Voluntariado presencial
  • Voluntariado virtual