A Aula CEMIT de Ribeira recibe novo material disruptivo que incorpora a súa acción formativa

A Aula CeMIT de Ribeira recibiu na mañá deste 21 de marzo novo material tecnolóxico procedente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) coa finalidade de que sexa incorporado a súa actividade formativa. A concelleira de Educación e Innovación Tecnolóxica, Juana Brión, foi a encargada de recepcionar o novo equipamento de tecnoloxías disruptivas, que inclúe os dispositivos que se citan deseguido.

A AMTEGA entrega material de última tecnoloxía á Aula CeMIT de Boiro

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) acaba de facer entrega de tecnoloxías avanzadas (material disruptivo) á Aula CeMIT do Concello de Boiro. Máis polo miúdo, foi a concelleira de Cultura e Educación, María Outeiral, a que fixo entrega deste material ao axente TIC do Concello para levar a cabo formación na aula.

O centro Gaiástech celebra a oitava edición da iniciativa #MESD cun ciclo formativo sobre marketing dixital

  • Impartiranse cinco talleres entre abril e maio nos que se abordarán diferentes aspectos dunha estratexia de marketing
  • Están dirixidos a empresarios, emprendedores e profesionais que queiran mellorar a presenza dixital da súa empresa
  • As inscricións son gratuítas e xa se poden realizar a través da web do GaiásTech

A Xunta completará este mes a dotación de equipamento tecnolóxico innovador en máis de 80 aulas adheridas ao Plan de reforma da rede CeMIT

  • En total distribuiranse máis de 1.300 dispositivos entre impresoras 3D, kits de robótica, drons, gafas de realidade virtual e kits de placas de comunicación e programación
  • O próximo fito do Plan será a substitución dos equipos de sobremesa actuais por novos equipos All-In-One, a entrega de elementos adaptados a persoas con capacidades diversas, así como tabletas, libros electrónicos e dispositivos audiovisuais

A Aula CeMIT de Ribeira leva a formación en uso de móbiles ás parroquias de Castiñeiras, Olveira e Artes

O Concello de Ribeira apostou esta tempada por levar a formación tecnolóxica ao rural do termo, sacando dos seus límites físicos (na rúa de Cubeliños de Santa Uxía) a actividade TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) da Aula CeMIT. Deste xeito, a iniciativa da Concellería de Educación, as parroquias de Castiñeiras, Olveira e Artes van dar cabida a candanseus cursos gratuítos sobre uso básico de móbil Android impartidas polo axente da Aula CeMIT de Ribeira.

O Nodo Galego de Ciberseguridade e o Portal de Transparencia da Xunta reciben os premios ‘Socinfo Digital’

  • O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, inaugurou esta mañá a xornada “Prioridades TIC nas AAPP de Galicia ante os Fondos Next Generation” organizada pola revista ‘Sociedad de la Información Digital’
  • A colaboración da Xunta coas entidades locais para a capacitación dixital da cidadanía na rede CeMIT e no Marco Galego de Competencias Dixitais centrou unha das conferencias da xornada

     

O plan Digitalent 2030 comeza o segundo trimestre do ano con máis dunha decena de iniciativas destinadas a fomentar o talento precoz e a especialización tecnolóxica

  • Entre abril e xuño están convocadas diferentes actividades para fomentar as vocacións STEAM entre os máis novos e para achegar os perfís dixitais a estudantes universitarios e de Formación profesional
  • Charlas divulgativas, concursos, visitas e novas iniciativas como DXCPinchos&Datos ou os TFGs solidarios impulsado por NTT Data, integran a oferta deste trimestre