Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital

Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital

O Plan para o impulso da inclusión, capacitación e talento dixital en Galicia, Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital, fusiona os anteriores plans, o Plan de inclusión dixital de Galicia 2020 e o Plan DigiTalent 2020, nun único instrumento estratéxico, que toma o seu relevo para centrarse no horizonte 2030 coa misión de conseguir unha sociedade máis autónoma dixitalmente que non deixe ninguén atrás.

Que valores compartimos?

Que valores compartimos?

Sumamos recursos, sumamos ideas, sumamos iniciativas para multiplicar o alcance do Plan e que todo o mundo participe dun mundo cada vez máis dixital.

O importante es TI! Formas parte dunha sociedade cada vez máis conectada, aberta e participativa e queremos que lle saques o máximo partido.
Co Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital conseguirás adquirir coñecementos dixitais básicos e tamén evolucionar no nivel de madurez dixital.
O Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital é un proxecto inclusivo e quere contar coa "intelixencia colectiva", polo que todas as persoas poden axudar na súa posta en marcha e na súa execución. Para iso, debes unirte e colaborar connosco como aliado dixital.
Cales son os nosos obxectivos?

Cales son os nosos obxectivos?

O Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital abrangue desde actuacións con persoas sen coñecementos no uso das tecnoloxías, ata a especialización, co impulso do talento nas profesións dixitais. As medidas do Plan permitirán mellorar as competencias dixitais, con independencia da idade, o lugar de residencia ou a situación económica.

Coa visión posta nunha Galicia máis adaptada para coexistir coa continua evolución tecnolóxica, o Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital asume o compromiso de promover un novo paradigma de sociedade máis inclusiva e asegurar unha cidadanía capacitada e apoderada dixitalmente, así como profesionais e especialistas nas novas tendencias tecnolóxicas que darán resposta aos retos aos que se enfrontará Galicia nesta década. Deste xeito aumentarase

a competitividade sostible,

a equidade social e

a resiliencia dixital.

A quen nos diriximos?

A quen nos diriximos?

Un plan para ti... un plan para toda a sociedade galega, co foco nos grupos en situación e risco de exclusión dixital.

De onde partimos?

De onde partimos?

O Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital parte dun camiño percorrido no eido da inclusión e do talento dixitais grazas aos avances conseguidos dos anteriores Plan de inclusión dixital de Galicia 2020 e Plan DigiTalent 2020.

Os instrumentos principais nos que se baseaba o anterior Plan son os proxectos da Rede CeMIT e o Voluntariado Dixital, que seguirán a ter vixencia na consecución dos obxectivos do novo Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital.

CeMIT

A Rede CeMIT está integrada por 93 aulas totalmente equipadas en 90 entidades locais, onde se imparten actividades formativas no ámbito da alfabetización dixital para toda a cidadanía galega dende 2011.
+ 119.869 persoas usuarias da Rede
+ 593.949 horas de formación planificadas

Voldix

O Programa de Voluntariado Dixital apoia solidariamente dende 2012 o proceso de alfabetización dixital a través do apoio presencial e virtual por parte das persoas voluntarias ou proxectos concretos en colaboración coas entidades.
+ 743 persoas voluntarias
+ 157 axentes colaboradores
(Datos: marzo 2024)
Ti tamén contas! Ademais das iniciativas impulsadas pola Xunta de Galicia, poranse en común todas as actuacións que se queiran adherir ao Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital para conseguir máis e mellores resultados.
Estrutura do plan

Estrutura do plan

O Plan canalizará a súa intervención a través de tres eixes estratéxicos orientados a todos os niveis de habilidades e competencias dixitais da poboación.

Eixo 1

EIXE 1. Eliminación da fenda dixital

Equiparar as oportunidades da cidadanía para que poida gozar duns servizos dixitais cada vez máis avanzados.
Eixo 2

EIXE 2. Competencias dixitais para profesionais

Abordar a adaptación proactiva para ofrecer unha resposta áxil ante cambios derivados do progreso das tecnoloxías dixitais.
Eixo 3

EIXE 3. Impulso das vocacións e o talento dixital

Preparar o capital humano para a transformación dixital e promover competencias dixitais avanzadas, con especial atención á fenda de xénero.
Consulta todo o contido do Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital.
 
Documentación

Documentación

A continuación, podes acceder a toda a documentación relacionada co Plan Digitalent. Fai clic nas ligazóns para obter máis información.