Alumnos da aula CeMIT de Ortigueira elaboran material adaptado a persoas con discapacidade con impresoras 3D

  • Os obxectos elaborados foron entregados á Asociación Pro Minusválidos do Ortegal, que traballa con persoas con discapacidade intelectual
  • Esta actividade enmárcase na formación que ofrece a Rede tras a dotación ás aulas de máis de 1.300 novos dispositivos entre impresoras 3D, kits de robótica, drons ou gafas de realidade virtual

Xa está aberto o prazo de inscrición para a terceira edición do Encontro Galego de Ciberseguridade, que terá lugar o 2 e o 3 de novembro na Cidade da Cultura

  • A inscrición é gratuíta e con límite de prazas para a asistencia presencial
  • Un total de 50 profesionais de referencia de entidades públicas e privadas, do sector TIC e dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado abordarán os retos da ciberseguridade para a sociedade, as administracións públicas e o tecido empresarial

A Xunta destaca a importancia de promover o talento dixital para afrontar a especialización tecnolóxica de Galicia

  • A Estratexia Galicia Dixital 2030 asume os retos de xerar e reter talento e favorecer o fortalecemento do hipersector TIC para posibilitar a adopción das tecnoloxías disruptivas polos distintos sectores produtivos
  • A Administración autonómica puxo en marcha os nodos 5G, de ciberseguridade e de Intelixencia Artificial, fomentando a colaboración público privada para impulsar estas tecnoloxías disruptivas

Máis de 6000 escolares participaron no III Concurso Ciberseguridade no cole!, que celebra a súa final no encontro CIBER.gal

  • Terá lugar o vindeiro 3 de novembro e será presentada pola comunicadora galega Es-ther Estévez
  • O obxectivo deste certame é concienciar aos escolares dos riscos no uso da tecnolo-xía e ensinarlles boas prácticas en materia de ciberseguridade
  • O III Encontro CIBER.gal aborda os retos da ciberseguridade coa participación de 50 profesionais de referencia neste ámbito como o hacker Chema Alonso, os responsa-bles de Ciberseguridade de Renfe, Iberia, Microsoft e Google, ou o director da Cyber-zaintza, entre outros

A Xunta convoca unha nova edición dos ‘Premios Galicia de Acción Voluntaria’ para recoñecer o labor de persoas e entidades no 2023

  • O certame premiará con 4.000 euros á persoa voluntaria do ano, á entidade de acción voluntaria e ao mellor proxecto, levado a cabo por unha organización de xeito individual ou por varias de maneira conxunta

A Xunta seguirá avanzando para consolidar a madurez dixital de Galicia e convertela nunha rexión especializada en tecnoloxía

  • O consellerio de Facenda e Administración Pública inaugurou hoxe o III Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, afirmou hoxe que o Goberno galego seguirá avanzando para consolidar a madurez dixital de Galicia e convertela nunha rexión especializada en tecnoloxía.

Durante a inauguración do III Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, Miguel Corgos subliñou que neste proceso, a prevención e seguridade son dous elementos claves, xunto co coñecemento e a colaboración.

A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

  • O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participou no III Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, destacou hoxe a importancia da concienciación dixital na sociedade para crear un territorio conectado e seguro.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro

  • Están dirixidos a facilitar a contratación de internet a colectivos vulnerables
  • Permitirán contratar ou mellorar a conexión a banda larga fixa cunha velocidade mínima de 30Mbps durante un ano
  • Esta segunda convocatoria, enmarcada no Programa estatal ÚNICO-Bono Social, conta cun orzamento de 1,34 millóns de euros dos que poderán beneficiarse cerca de 5.600 familias

A Xunta destaca o papel clave das aulas CeMIT para acadar unha transformación dixital inclusiva

  • O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, visitaron hoxe a aula CeMIT de Moaña
  • A Rede CeMIT conta con 94 aulas distribuídas por toda a Comunidade, máis de 113.000 usuarios rexistrados e 500.000 horas de formación planificadas desde a súa posta en marcha en 2011

Rueda anuncia que Galicia será a primeira rexión de Europa en regular por lei o uso da intelixencia artificial

  • Informa de que o Consello autoriza a tramitación do Anteproxecto de lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial en Galicia
  • Resalta que o obxectivo “é garantir que os sistemas IA que se usan na comunidade son fiables e respectuosos cos dereitos fundamentais das persoas”
  • Salienta que toda a IA utilizada na administración autonómica será avaliada por unha Comisión e que a cidadanía sería informada de cando se recorre a esta tecnoloxía para a toma de decisións