O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia participou, está mañá, nunha mesa redonda sobre os “desafíos e oportunidades na transformación dixital”, con motivo do 50º aniversario da tecnolóxica Seresco na nosa Comunidade
O director da Axencia autonómica destacou o traballo promovido pola Xunta e no que participou o Sistema Universitario e os concellos que permitiu que A Coruña fora seleccionada para acoller a Axencia Estatal de Supervisión de Intelixencia Artificial
As sesións, dirixidas especialmente ás persoas maiores, terán lugar ente outubro e novembro, en diferentes aulas da Rede CeMIT das catro provincias
A inscrición está aberta e pode realizarse online ou directamente nos centros nos que se imparte o ciclo formativo
Esta iniciativa enmárcase nas actuacións da Estratexia Galega de Intelixencia Artificial, para facilitar á sociedade capacitación nesta tecnoloxía en todas as etapas
Esta nova actividade de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas entre a mocidade desenvólvese no marco de colaboración conxunta coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia – Amtega e está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos, nais e pais e profesores ou formadores
Os equipos, que permiten recoller a tempo real as constantes vitais, están a ser implantados este ano en 22 residencias
O sistema incorpora automaticamente os datos aos historiais e facilita o traballo dos profesionais
Ademais de mellorar a calidade da atención sanitaria, o sistema aumenta a seguridade dos procesos de control sobre o estado de saúde das persoas residentes
Estas sesións, denominadas ‘Ciberseguranza Kids’ e impartidas a modo de contacontos, desenvolveranse en outubro no marco do programa ‘Tech Kids’, cunha xornada de peche no Gaiás Tech da Cidade da Cultura o día 26
As familias beneficiarias recibirán unha axuda mensual de ata 20 euros durante 12 meses para contratar ou mellorar servizos de conexión a internet con banda larga
Esta é a segunda convocatoria das axudas e ten unha dotación de 1,34 millóns de euros, dos que poden beneficiarse cerca de 5.600 familias
As condicións para a concesión das axudas están establecidas polo Real Decreto 989/2021 aprobado polo Goberno do Estado
O Encontro CIBER.gal, que se celebra os días 2 e 3 de novembro na Cidade da Cultura de Galicia, acolle a terceira edición do concurso Ciberseguridade no cole! dirixido a escolares de 5º e 6º de primaria, e 1º e 2º da ESO
O prazo de inscrición para os centros educativos que desexen participar no concurso estará aberto ata o 9 de outubro
O conselleiro de Educación e o presidente da entidade asinan un convenio para o desenvolvemento da duodécima edición do programa ‘Navega con Rumbo’
A iniciativa enmárcase dentro dos obxectivos da Estratexia Educación Dixital 2030 de abordar a transformación dixital como un medio de apoio á aprendizaxe
O programa achegará a 240 centros de ensino claves cara unha navegación segura, tratando de evitar que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso ou outros riscos da rede