A Aula CeMIT do Concello de Guitiriz acolle o vindeiro 2 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 h, un obradoiro creativo sobre equipamento para a inclusión e a capacitación dixital da veciñanza Ligazón externa. A actividade está definida no marco do convenio de colaboración entre a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) destinada a adultos sen necesidade de coñecementos previos aínda que si con competencias básicas no uso das TIC.
Será unha sesión “demostrativa e experimental” na que se exporán varias aplicacións e usos dos sistemas e equipamentos tecnolóxicos disruptivos presentes nos centros da Rede. Está destinada a persoas adultas con interese profesional ou persoal sobre este tipo de tecnoloxía cun enfoque divulgativo e ocio-educativo. Abordaranse recursos como a impresión FDM, a Raspberry Pi, o hardware-software libre Arduino, o dron DJI Tello ou o Wonder Building Kit con micro:bit V2.
Tamén se mostrarán as posibilidades da Realidade Virtual a través dos Kits Educa 360. Esta formación irá acompañada de pílulas informativas de cada elemento, sintetizando os seus aspectos técnicos e principais posibilidades así como diversos recursos para o seu aprendizaxe. As prazas son limitadas e as persoas interesadas poderán anotarse, así como recibir máis información, no correo electrónico cemit.guitiriz [at] xunta.gal (cemit[dot]guitiriz[at]xunta[dot]gal (link sends e-mail)) ou chamando ao 982 370 062.