Acredita o teu nivel de competencias na utilización das tecnoloxías no campo persoal, social e profesional de forma efectiva, segura, crítica, creativa e cívica, a través do ComDix, a certificación que mellorará a túa competitividade e acceso ao mercado laboral.
Coa obtención da Certificación galega de competencias dixitais (ComDix) disporás dun documento dixital, en galego e castelán, asinado electronicamente e cun código único que verificará a súa autenticidade. Incluirá información sobre a persoa titular da certificación, o seu nivel de aptitude nas diferentes áreas e competencias, data e lugar da certificación e forma de obtención desta.
Como podo obter a certificación do ComDix? Ofrecémosche tres posibilidades:
Presentándote a un curso de teleformación titorizada con exame presencial.
Presentándote directamente a unha proba (exame libre).
Mediante a validación doutro título ou certificación coma o Codix.