Xa podes formarte onde queiras, cando queiras e ao teu ritmo accedendo á plataforma de teleformación de CeMIT onde atoparás cursos adaptados a distintos niveis e necesidades.
Coa plataforma de teleformación de CeMIT, tan só precisas de conexión a Internet para poder realizar de forma sinxela e directa os cursos que mellor se adapten ás túas necesidades e complementar a formación impartida nas Aulas CeMIT.
Se aínda non es usuario/a, entra na Rede CeMIT e rexístrate
Unha vez rexistrado/a, poderás acceder á plataforma de teleformación, consultar a listaxe de cursos e matricularte no que máis che interese.