- A directora xeral de FP e representantes da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia buscan sinerxías neste ámbito estratéxico para administracións e empresas
A Xunta vai dotar o Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros dun espazo de alta especialización en ciberseguridade dotado coas últimas tecnoloxías e o equipamento necesario para conseguir a máis alta formación e especialización do profesorado e a xeración de proxectos de I+D+i que sexan de transferencia directa ás empresas e institucións.