A Xunta pon en marcha o plan DigiTalent 2030 para eliminar a fenda dixital, reforzar as competencias dixitais dos profesionais e impulsar as vocacións e o talento tecnolóxico
- O Plan Camiña en Dixital conta cun orzamento de máis de 39 millóns de euros para impulsar a inclusión e a mellora das competencias dixitais de toda a sociedade galega
- Conta con tres eixos estratéxicos e nove medidas clave para todos os niveis de habilidades dixitais da poboación
- Entre os obxectivos para 2025 están acadar que o 70% da poboación conte con competencias dixitais, impartir 140.000 horas de formación na Rede CeMIT e superar os 128.000 usuarios