A Xunta destaca que a posta en marcha do Centro de Excelencia en Ciberseguridade en Ourense permitirá a Galicia manterse á vangarda no desenvolvemento desta tecnoloxía
- O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia inaugurou hoxe a xornada Galicia segura: innovación e ciberseguridade
- Destacou que o centro conta cun orzamento de 6,6 millóns de euros, dos que 4,1 millóns corresponden aos orzamentos deste ano
- Lembrou que neste 2024 se iniciará a posta en marcha dun Centro de Innovación e Competencia no ámbito da ciberseguridade no que participan Galicia, Cataluña e a Comunidade Valenciana