Manuel Pardo subliña as actividades e a implicación da Xunta pola presenza da muller no eido tecnolóxico

  • O delegado territorial da Xunta participou esta mañá no inicio do obradoiro ‘Girl Steam’, en Leiro
  • Para o delegado territorial trátase de impulsar actividades de mentorado desde idades temperás dirixidas ás rapazas, para espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM

Xunta e universitarios séniors colaboran para formar a persoas maiores no uso da Banca dixital

  • O proxecto da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors, proporciona capacitación sobre os usos máis frecuentes da banca electrónica sobre todo nos ámbitos rurais
  • As sesións formativas desenvolveranse tanto de xeito presencial como online a través da colaboración de distintos centros, entre os que se atopa a rede CeMIT
  • Máis de 4.500 persoas poderán recibir formación grazas a esta iniciativa, que comezará en setembro

O Gaiástech abre o prazo para inscribirse nunha xornada de mentorización sobre as saídas laborais dos estudos STEAM

  • O encontro, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas, celebrarase o 27 de setembro
  • Está aberto a estudantes de entre 14 e 17 anos, así como a pais e nais, que coñecerán diferentes roles laborais científicos e tecnolóxicos da man de dez mulleres profesionais destes ámbitos

O Observatorio da Sociedade da Información incorpora unha nova ferramenta que simplifica o acceso aos datos estatísticos

  • O portal do Osimga xa dispón dun cadro de mando con Business Intelligence que ofrece a información máis actualizada e completa sobre dixitalización en Galicia
  • Esta nova ferramenta permite personalizar as consultas, acceder ao histórico de datos, xerar gráficas e visualizar mapas sobre a dixitalización por provincias
  • Facilita unha actualización inmediata das estatísticas da sociedade dixital e está aberta a todo o público

A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas do programa ÚNICO para a mellora da conectividade en edificios

  • O DOG publica hoxe a orde que permitirá a comunidades de propietarios e corporacións locais acceder a axudas de ata 23.800 euros para dotar a edificacións de infraestruturas de radiodifusión, televisión dixital e internet de banda larga ultrarrápida
  • Os requisitos destas axudas están predefinidos polo Goberno do Estado

Nove de cada dez trámites coa Xunta realízanse online

  • O Rexistro electrónico da Xunta en 2023 recibiu preto de 1,5 millóns de presentacións de solicitudes en 2023
  • Durante o pasado ano xeráronse máis de 800.000 expedientes de preto de 500 procedementos distintos na carpeta cidadá
  • Máis de 9.600 persoas empregaron o Rexistro de Apoderamentos para autorizar a alguén a facer trámites no seu nome
  • A aplicación XuntaEu suma máis de 34.000 descargas desde principios de ano

O Mapa de Capacidades Dixitais de Galicia ofrece información sobre máis de 350 empresas e 1.300 produtos e servizos

  • O directorio do centro tecnolóxico GaiasTech ten rexistradas 78 tecnoloxías desenvolvidas por empresas galegas
  • A rede de nodos de especialización tecnolóxica impulsou en 2023 un total de 225 iniciativas de colaboración público-privada con impacto en máis de 200 empresas
  • O Centro GaiasTech colabora coa rede CeMIT na formación dixital da cidadanía

A contratación de Internet crece en tres anos máis dun 20 % nos concellos galegos de menos de 5000 habitantes

  • A porcentaxe de fogares con este servizo contratado nestes municipios roza o 90 %, aproximándose ao 94,3 % da media galega
  • O uso de internet entre as persoas de 65 a 74 anos increméntase en máis dun 27 % entre 2020 e 2023
  • Preto do 64 % dos galegos e galegas merca online e máis do 78 % dos internautas empregan a banca electrónica

A Xunta pon en marcha unha nova edición do programa “Tech Kids” para impulsar o talento dixital da rapazada

  • A iniciativa, organizada en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, busca este ano fomentar a colaboración interxeracional
  • Está dirixida a rapaces e rapazas de 12 a 18 anos, que recibirán formación de deseño en 3D, programación, pilotaxe de drons ou realidade virtual
  • Tras as sesións formativas, os participantes abordarán retos tecnolóxicos en equipos integrados por persoas de diferentes xeracións

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca máis de 2.600 prazas para obter a nova certificación galega de competencias dixitais

  • Son as primeiras probas para a cidadanía do Marco galego de competencias Dixitais no nivel de Iniciación
  • Haberá dúas quendas de avaliación, unha a finais de outubro e outra a finais de novembro nas aulas CeMIT de 45 concellos das catro provincias
  • Esta certificación acredita o nivel de competencia na utilización das tecnoloxías no ámbito persoal, social e profesional