Dende Mancomún (iniciativa galega de fomento do software libre impulsada dende AMTEGA) aproveitaron este mes de agosto para levar a cabo unha nova reivindicación do papel das mulleres no ámbito STEM (siglas de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática). Consistiu no lanzamento de novos stickers ao abeiro de Mulleres en Tech Ligazón externa.
A iniciativa puxo o foco nos códigos e formatos comunicativos empregados polas novas xeracións e levouse a cabo nas redes sociais e no propio portal de Mancomún.
A colección de stickers pódese empregar nas ferramentas de mensaxería instantánea e teñen o obxectivo de “visibilizar o traballo das mulleres que se dedican ás áreas STEM”. Esta colección de stickers irá medrando ao longo do ano. Entre as novas achegas figuran as galegas Ana Jimenez, Cristina Barreiro e Cristina Pampín. Podemos descargar os stickers directamente no noso dispositivo móbil para usalos no Telegram Ligazón externa ou no WhatsApp Ligazón externa.
A iniciativa tivo un precedente inmediato nos stickers lanzados polo Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.