Obxectivos:
Ofrecer aos rapaces e rapazas unha oportunidade única de achegarse ás profesións dixitais da man de grandes empresas do sector TIC en Galicia e mellorar a visión que os máis novos teñen das profesións científico-tecnolóxicas, ao tempo que se impulsan as actividades STEAM entre o alumnado.
En qué consiste:
Tecnólog@ por un día é unha actividade na que estudantes de 12 a 17 anos poderán achegarse ás profesións dixitais e ter a oportunidade de experimentar, en primeira persoa, unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia.
A décimo primeira edición volverá a celebrarse presencialmente, con prazas dirixidas a dous grupos de idade: de 12 a 14 e de 15 a 17 anos.
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN (Do 9 de decembro de 2024 ao 10 de xaneiro de 2025)
Cada centro educativo, a través do persoal docente, inscribirá aos alumnos/as interesados, que deberán contar coa autorización dos pais/nais/titores legais.
O alumnado entregará no centro educativo a solicitude de autorización debidamente cuberta e asinada que o docente deberá subir ao cumprimentar o formulario de inscrición.
O formulario de inscrición recollerá a listaxe de prazas dispoñibles, segundo as distintas modalidades ofertadas polas empresas colaboradoras, ás que o alumnado poderá optar segundo a súa preferencia (ata un máximo de 3).
ASIGNACIÓN DE PRAZAS
As prazas asignaranse aplicando o resultado dun sorteo público que se celebrará durante a terceira semana de xaneiro Edificio CINC da Cidade da Cultura. A partir do 16 de xaneiro, os docentes recibirán no enderezo electrónico sinalado no formulario de inscrición unha comunicación co resultado do sorteo e os pasos a seguir.
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE (Do 18 de xaneiro ao 18 de febreiro de 2025)
As empresas poñeranse en contacto cos/coas participantes para concretar a data e o horario da xornada e comunicarán ao alumnado e aos docentes as instrucións e outra información de interese para o desenvolvemento da xornada: lugar de celebración, axenda da sesión, autorización para a captación de imaxes...
DOCUMENTACIÓN DE INTERESE
Baixo esta ficha, atópanse dispoñibles para descarga os manuais do docente, o alumno e o profesional, nos que se poden consultar en detalle as instrucións, aspectos chave e consellos prácticos para o desenvolvemento do programa.
Ademais, ponse a disposición o modelo de autorización que o alumnado debe entregar no centro educativo cuberto e asinado polos pais/nais/titores legais.
Jóvenes de 12 a 17 años