STG

Apoios na hora do código

Apoios na hora do código

A hora do código é unha iniciativa global que ten como obxectivo acercar aos estudantes de todas as idades ao mundo da programación e a tecnoloxía. Durante unha hora os estudantes terán a oportunidade de aprender os conceptos básicos da programación mediante actividades interactivas e lúdica.

Esta actividade non só busca ensinar aos nenos a programar, se non tamén fomentar entre eles o pensamento lóxico, a resolución de problema e a creatividade.

Esta actividade vai destinada ao alumnado  de 4º de primaria dos CEIP s´ e 3º da ESO ( 2 grupos)  e 4º da ESO ( un grupo) , do IES de Mos.

METODOLOXÍA

Nesta actividade constará de dúas sesións por grupo.

Nunha sesión,  se explicará que é un software, que tipos existen e como se utilizan. Presentación de conceptos básicos de programación e de exemplos sinxelos. Mostraranse recursos en liña e plataformas onde os estudantes permiten empezar e explorar pola súa conta.

Na seguinte sesión “ Hora del Código” farase unha breve introdución de programación e se explicarán os obxectivos da actividade . Execución da hora do código utilizando plataformas Code.org, onde os estudantes poderán resolver puzzles e desafíos.

DATAS:

1ª SESIÓN

2º SESIÓN

26/11/2024 2/12/2024
26/11/2024 2/12/2024
26/11/2024 2/12/2024
27/11/2024 03/12/2024
27/11/2024 03/12/2024
28/11/2024 04/12/2024

Serían 2 sesións en cada centro.

Estado: Aberto
Datas: Do 26/11/2025 ata o 10/12/2025
Colectivo de actuación: Outros
Localidade: Mos
Provincia: Pontevedra
Tipo de voluntariado: Presencial
Perfil / requisitos: Voluntario/a con coñecementos en programación ou no tema obxecto da actividade